Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

GRUPO CUEVAS COLABORA CO BANCO DE ALIMENTOS

22 Abril, 2014

O Banco de Alimentos de Ourense pechou as cifras do exercicio 2013, coa constatación de dúas realidades: segue incrementándose a cifra de familias que necesitan desta axuda básica na provincia e tamén sobe de forma importante a de quilos captados directamente entre a poboación ourensana a través de diversas campañas. Un exemplo de campaña foi a levada a cabo polos floristas de Ourense que recadaron 2.320 € coa venda de rosas solidarias no Paseo. Este importe transformarase en alimentos para familias necesitadas que se irá cambiando en Grupo Cuevas. A entrega fíxose efectiva nos almacéns da firma ourensana e nela participaron Fina Campuzano e Jesús de Dios polos floristas, e Cecilio Santalices polo Banco de Alimentos.
Ver noticia