Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

GRUPO CUEVAS NO FORO ENRIQUE PEINADOR SOBRE EMPRESAS CON IDENTIDADE GALEGA

25 Xuño, 2012

O luns 25 celebrouse no salón de actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense o Foro Enrique Peinador sobre empresas con identidade galega. Grupo Cuevas estivo presente como exemplo de empresa polo uso deste idioma. María Castro e Antonio Suárez explicaron como as vontades e as conviccións marcan de xeito claro os comportamentos colectivos. No Grupo Cuevas non se considerou nunca o uso do galego como unha obrigatoriedade nin unha conveniencia temporal; nin se valorou nunca como un plus de negocio. Protexeuse, iso si, a expresión libre que foi collendo forma constantemente. Así é como o hábito do galego acabou callando como consecuencia do exercicio sistemático dunha conciencia: a de ser galegos.
Ver programa

Prensa

Ver vídeo