Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

GRUPO CUEVAS RECIBE 6 PREMIOS STEVIE

19 Agosto, 2013

Grupo Cuevas foi galardoada nos International Business Stevie Awards 2013 con 6 premios por dúas das súas webs.
Os international Business Awards foron creados en 2002 e son os únicos premios a escala mundial que recoñecen os logros empresariais. Entréganse para diversas categorías, entre as que se inclúen as de Xestión, Empresa do Ano, Servizo ao Cliente, Recursos Humanos, Tecnoloxía da información, Mercadotecnia, Novos Produtos, Relacións Públicas, Online e Novas Tecnoloxías. En cada categoría prémianse aos tres mellores proxectos co Ouro, Prata e Bronce. Este ano participaron 40 países cun total de 3.300 candidaturas.
Grupo Cuevas fíxose co seguinte palmarés con dúas das súas webs:
www.grupocuevas.com
Ouro en Best Overall Web Desing
Ouro en Food@Beverage
Prata en Best Home Page
www.marronglace.com
Ouro en Best E-Commerce Site
Prata en Best Interface Design
Bronce en Best Software Programming/Design
A lista completa de todos os gañadores por categorías encóntrase dispoñible en http://www.stevieawards.com/IBA/
Alcumados os "Stevies", da palabra grega "coroado", os premios entregaranse durante un evento de gala que terá lugar o luns 14 de outubro no Hotel W en Barcelona.
www.grupocuevas.com

www.marronglace.com

http://www.stevieawards.com/IBA/