Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

GRUPO CUEVAS REÚNE AOS ‘SEUS’ NENOS DE TODA GALICIA

12 Xaneiro, 2014

Decenas de nenos chegados de distintos puntos de Galicia acudiron á festa infantil que organiza anualmente o Grupo Cuevas para os fillos dos seus empregados. Entre ilusionados e sorprendidos gozaron de teatro de marionetas, monicreques, bailes, xogos, cancións, bonecos animados, regalos sorpresa e unha suculenta merenda que compartiron cos seus pais. Tamén recibiron os premios do concurso de tarxetas de Nadal no que participaron todos, con traballos sorprendentes e en maior número que en edicións anteriores. O lugar elixido para celebrar esta edición da festa foi o hotel balneario de Laias, pola súa maior accesibilidade para os convidados.
Ver reportaxe