Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

MAITE GONZÁLEZ, XERENTE DE MARRON GLACÉ CUEVAS, NAS MAÑÁS DA COPE

6 Novembro, 2014

Maite González, xerente de Marron Glacé fala con Juan Maceiras nas Mañás da Cope sobre a campaña da castaña deste ano.
"Somos unha das poucas empresas que posúe dúas tecnoloxías de pelado: pelado a lume para o produto destinado a conservas de castañas (gornicións, purés e cremas) e un pelado máis suave, a vapor, para a elaboración de marron glacé".
"Nos dous últimos anos acometemos unha renovación case integral da tecnoloxía do pelado porque é onde realmente se vai parte da marxe industrial do produto e tamén lle prestamos especial atención á tecnoloxía do envasado para que o produto sexa doadamente exportable e teña unha vida útil o máis longa posible, sen renunciar ao perfil organoléptico do produto".
"Temos que loitar para que o sector se organice, haxa plantacións regulares con variedades identificadas con alto valor dependendo do tipo de industria".
Minuto 2:05
Escoitar programa completo