Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

MARRON GLACÉ CUEVAS PREMIO PLATA EN BEST PACK 2012

29 Marzo, 2012

Onte día 28, na noite dos Best Pack, Marron Glacé Cuevas recibiu o premio de prata na categoría de packaging. Todo un recoñecemento ao labor de restyling de marca iniciada por Cuevas en 2010 e levada a cabo pola axencia Garrofé Brand&Pack e a consultora Martínez Franch.
Os Best Pack son os únicos premios dedicados á mercadotecnia alimentaria que celebran a súa 13ª edición. Organízanse cada dous anos coincidindo con Alimentaria, a principal feira de alimentación europea, que ten lugar do 26 ao 29 marzo 2012. Best Pack é o único certame que expón a totalidade das pezas concursantes, durante os catro días de duración de Alimentaria 2012.
Premios Best Pack

Garrofe Brand&Pack

m+f=!