Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

O CIFP PORTOVELLO VISITA GRUPO CUEVAS

28 Febreiro, 2018

Os alumnos do ciclo de Actividades Comerciais do CIFP Portovello visitaron as instalacións de Grupo Cuevas o pasado luns, 26 de febreiro. Durante a súa visita coñeceron un pouquiño máis a fondo a historia e percorrido da compañía ourensá nos seus primeiros 150 anos de vida e puideron seguir de preto a actividade e funcionamento do centro loxístico que dá servizo a toda a rede de distribución alimentaria en Galicia e norte de Portugal.
Ver imaxe