Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

O GRUPO CUEVAS CRECE UN 8,3%, CONSOLIDA EMPREGO E ACTIVA UN PLAN DE INVESTIMENTO

29 Xuño, 2011

En plena crise global, e nun escenario de caída do consumo e da debilitación do mercado laboral, o Grupo Cuevas mantivo a senda do crecemento económico e estabilizou os niveis de emprego dos últimos anos.
A cifra de negocio do Grupo Cuevas rexistrou en 2010 un incremento del 8,3%, ao situarse en 83,94 millóns de euros. Esta evolución das ventas axustouse ás previsións que se anunciaron hai un ano. A suba en valores absolutos foi de 6,4 millóns. No mesmo exercicio, o cash-flow rexistrou un aumento do 17,3%, ata 1,67 millóns.
La Región

La Voz de Galicia

Faro de Vigo