Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

O GRUPO CUEVAS ESTENDE OS SUPERMERCADOS PLENUS A VIGO

30 Marzo, 2012

Coa apertura dun novo supermercado PLENUS en Vigo, o Grupo Cuevas inicia a fase decisiva de expansión da marca creada en 2011, e que conta xa con dous centros, un deles en Ourense e outro na localidade pontevedresa de Porriño. Con esta nova apertura, o Grupo ourensán comeza a cumprir o plan establecido para 2012 de implantar en toda Galicia a nova oferta comercial dos PLENUS, concibidos como tenda de proximidade, cunha superficie mínima de venda de 400 metros cadrados e cunha clara aposta pola sección de frescos e orientados á redución de custos -en produtos de máxima calidade e primeiras marcas-, coa finalidade de que cada franquiciado poida competir abertamente en prezos e calidade con calquera das grandes insignias da distribución.
PLENUS Vigo abrirá o día 30 de marzo nun local de 500 metros cadrados da rúa Camelias. Ofrece todas as seccións propias dun supermercado: froitería, carnicería, pescadería, chacinería e panadería, que ocupan unha terceira parte da tenda. Disporá de case 5.000 referencias e será atendido por unha plantilla de dez persoas. O investimento realizado ascende a 500 mil euros.
A identidade de marca reflexa que PLENUS Supermercados representa un modelo actual, moderno e novo do concepto da distribución e a oferta alimentaria, no que primará a excelencia na capacitación profesional. A insignia ofrecerá preparación previa e formación continua ao persoal de toda a rede de franquiciados.
Folleto apertura