Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

O GRUPO CUEVAS REPRODUCE NOS SEUS SUPERMERCADOS COMO ERAN AS TENDAS DE HAI UN SÉCULO

2 Maio, 2017

As primeiras balanzas, os primeiros tíckets, os históricos surtidores para despachar aceite en medidas que ían dende un oitavo de litro, ou os libros contables escritos con pluma e tinta; son algunhas das sorprendentes pezas que se poden contemplar nos supermercados Aquié do Grupo Cuevas, e que, dende mañá, quedarán expostas no Porriño ata o 31 de maio.