Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

O SECTOR DA ALIMENTACIÓN LIDEROU AS EXPORTACIÓNS OURENSÁS A RUSIA EN 2014

17 Setembro, 2015

A Cámara de Ourense buscará novas oportunidades no país grazas a unha nova misión comercial en novembro.
Ourense exportou a Rusia o pasado ano case un millón de euros. Segundo os datos da Cámara de Comercio e do Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX), as empresas da provincia ingresaron un total de 854.540 euros. A pesar deste dato, as ganancias descenderon un 70% con respecto ao 2013. Lonxe quedan os case tres millóns en exportacións dese ano. Para tratar de endereitar a situación, a Cámara de Comercio de Ourense acaba de abrir a convocatoria para unha nova misión comercial directa en Rusia, que se desenvolverá entre o 9 e o 13 de novembro.
Un dos produtos da provincia que máis éxito teñen en Rusia son as castañas confeitadas do Grupo Cuevas. Maite González é a responsable desta sección.
– Como está o seu nivel de exportacións con este país?
– O volume actual é algo menor que o doutros anos, pero seguimos traballando este mercado.
– Que papel xoga Rusia nas súas exportacións?
– Sinceramente, Rusia non é o noso mercado principal a día de hoxe. Con todo, si é un territorio moi interesante.
– E cales son eses mercados principais?
– Traballamos no mercado asiático e en América Latina.
– Que produtos da súa gama son os máis demandados desde Rusia?
– De todo un pouco. Está claro que o Marron Glacé é o noso principal produto.
– Por onde pasa a súa expansión internacional no futuro?
– Gustaríanos penetrar e consolidarnos no mercado estadounidense. Tamén o asiático atráenos moito.
A Voz, A Voz de Ourense, 17 de setembro de 2015, páxina 4.