Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

OS CARROS ECOLÓXICOS CHEGAN A AQUIÉ

14 Maio, 2012

Dende este luns e ata o próximo día 11 de xunio todos os nosos clientes de Aquié (Rúa Doutor Fleming, Ourense) poderán probar un novo modelo de carro portacestas. Este moderno produto permitirache separar a túa compra, poñendo os artigos máis pesados na cesta inferior e os máis delicados na superior ou mesmo se o prefires, separar droguería de alimentación. Ademais, podes baleirar primeiro a cesta superior e intercambiala para baleirar a inferior sen necesidade de agacharte cada vez que colles un produto.
Este carro é totalmente ecolóxico posto que esta feito con 75 botellas de plástico como as que ti reciclas porque pensamos que é un bo xeito de contribuír xuntos ao coidado do medio.
Ver imagen