Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

PRATOS DE NADAL PENSADOS EN TI

12 Decembro, 2011

Atendendo as peticións dos nosos clientes, nos supermercados Aquié preparamos para estes Nadais unha ampla variedade de pratos de Nadal pensados en ti.
Porque estas datas son días para gozar, non para pasar traballos, na nosa sección QFH poderás encargar o teu menú. Pratos feitos o propio día, coa mellor calidade, igual que se os fixeses na casa.
Os días 13 e 16 de decembro invitámosche á presentación dos nosos menús para que probes a súa calidade. Dispoñibles nos nosos centros Aquie (Rúa Dr. Fleming Ourense e Rúa Piñeiral no Porriño) e nos supermercados Aqui de Emilia Pardo Bazán (Allariz), Rúa Silleda (A Cañiza), Rúa Hispanidade (Vigo) ou chamando ao teléfono 988 21 10 13.
Descargar folleto