Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

PRESENTAMOS O NOSO 150 ANIVERSARIO

23 Novembro, 2016

O día 23 de novembro, presentamos ante os medios de comunicación na sede histórica do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, a celebración do noso 150 aniversario durante o ano que vén.
O programa que se está ultimando outórgalles a máxima atención ás persoas, ao territorio e ás iniciativas sociais, culturais, deportivas e comerciais, baixo o lema “Mozos Centenarios”.
A conmemoración estará marcada polo “claim” que mellor define o que somos: “Mozos Centenarios”. Unha expresión que sintetiza á perfección a dualidade do noso carácter: innovación e emoción, modernidade e tradición, emprendemento e experiencia que alcanza a cifra de 150 anos.
No ámbito cultural imos elaborar unha gran reflexión creativa sobre a relatividade do tempo, coas achegas de artistas galegos, que participarán con distintas propostas e técnicas expresivas, sobre as que fallará un xurado especializado para outorgar o Premio Ignacio de las Cuevas. Unha selección de obras finalistas compoñerá unha exposición itinerante por Galicia na que participarán artistas e creadores.
Implicaremos tamén a sociedade galega neste 150 aniversario mediante varios eventos de “street marketing” nas cidades galegas nas que estamos presentes. Nestes eventos tentaremos articular experiencias exclusivas. E exclusiva será tamén unha gran gala conmemorativa compartida con todos os que nos acompañaron no camiño, que esperamos que sorprenda polo seu concepto. E o mesmo esperamos dunha xornada corporativa para todos os compañeiros que formamos Cuevas e que está pensada ao redor das emocións.
Lanzamos tamén o espazo web http://150aniversario.grupocuevas.com. Un sitio web que nos axudará a conectarnos con este fito histórico e que estará dispoñible a partir das 12.00 horas.
Esperamos que este 2017 nos sitúe en niveis históricos de emprego (estamos xa por riba dos 500 traballadores máis 200 indirectos) e de facturación.
“Neste 2017 poñeremos a atención nas persoas, o corazón na castaña, as enerxías no rural e o orgullo na nosa historia.” (Artur Yuste, director xeral).
SITE CONMEMORATIVOIMAGEN DA PRESENTACIÓN
Site conmemorativo

Imaxe da presentación