CAMPAÑAS

Ofrecémosche promocións e campañas especiais que farán a túa vida máis fácil.

Queres cociñar como un verdadeiro chef? Esta é a túa colección

A rede de supermercados MeGustairalSúper pon á túa disposición unha exclusiva colección de tixolas e cacerolas que non poden faltar na túa cociña. Co selo de calidade de San Ignacio e Masterpro, faiche coas pezas desta colección que poderás conseguir ao 50% do seu prezo de venda habitual. Conseguir a colección é moi sinxelo. Por cada 5 euros de compra que realices en calquera dos nosos supermercados Aquié, Plenus ou Aquí, entregarémosche un punto que poderás pegar na cartilla que atoparás na nosa zona de caixas. Reúne os cinco puntos necesarios e adquire o utensilio que desexes. O primeiro punto, regalámoscho nós.

Queres ver a colección de preto? Xa está dispoñible na nosa rede de supermercados de toda Galicia.

Promoción válida ata o 10 de xullo ou fin de existencias.
Consulta todas as condicións na túa tenda habitual.

DESCARGA A NOVA APP “GÚSTAME IR AO SÚPER” E CONSIGUE UN CUPÓN DE 5 EUROS DE DESCONTO

Sabías que xa podes levar no teu móbil a tarxeta cliente dos supermercados de Grupo Cuevas? Desde hoxe lanzamos a App para o móbil “Gústame ir ao Súper”. Unha aplicación para os nosos clientes fidelizados de Aquié, Plenus e Aquí que lles permitirá levar sempre no peto a súa tarxeta cliente e todas as vantaxes asociadas a ela.

Cupóns aforro, promocións, folletos de oferta e o seguimento de todas as compras realizadas ao instante son só algunhas das funcionalidades desta aplicación móbil que está xa dispoñible nas Play Store de Google e Ios. E se a descargas agora, recibirás un cupón desconto de 5 euros* para gastar no que ti queiras.

Comeza a gozar de todas as vantaxes da App “Gústame ir ao Súper”.

*O cupón de 5 euros estará dispoñible unicamente na App Gústame ir ao Súper e será trocable en compras superiores a 20 euros. Promoción válida ata o 20/03/2019.

EU TEÑO ALGUÉN… NO MEU CORAZÓN

Chegou San Valentín a Gústame ir ao Súper. Participa coa túa tarxeta cliente na nosa promoción dos namorados. Dedica unhas verbas de amor a quen teñas no teu corazón e consigue un aloxamento nun spa para dúas persoas. Piropos, dedicatorias, poemas ou incluso cancións… ti elixes! Entre todos os participantes sorteamos 3 aloxamentos nun spa da rede Caldaria.

Mercando nos supermercados Aquié, Plenus e Aquí, obterás as boletas para participar no sorteo. Consulta as bases legais e a mecánica desta promoción no documento que axuntamos.

Tu Tarxeta Benvida tiene descuentos en nuestros súper

Se tes a Tarxeta Benvida que concede a Xunta de Galicia, ao comprar nos nosos supermercados crece tamén o teu desconto. Porque todas as compras que fagas nos nosos supermercados Aquié, Plenus e Aquí terán un 3% de desconto ata que o teu bebé faga o seu primeiro aniño de vida.
Gozar deste desconto é moi sinxelo:

  • Solicita a nosa tarxeta cliente “Megustairalsúper”, se aínda non a tes.
  • Cubre o folleto bebé que verás xunto a esta noticia, e entrega a documentación requirida en cada caso.
  • Entrégao todo en calquera dos nosos supermercados Aquié, Plenus e Aquí.

E listo! Nuns días comezarás a acumular descontos coas túas compras.
Consulta todas as bases da promoción no documento adxunto.

Durante o primeiro ano, ¡a auga é cousa nosa!

Sabemos que a chegada dun neno a un fogar é un momento cheo de alegría e por isto queremos estar preto de ti neste momento único. Durante o seu primeiro ano de vida regalarémoslle ao teu bebé a auga mineral que necesite. Para os biberóns, para os primeiros traguiños… ou para mamá mentres estea a aleitar.

Se queres gozar desta promoción só tes que:

  • Solicitar a nosa tarxeta cliente “Megustairalsúper”, se aínda non a tes.
  • Cubrir o folleto bebé que verás xunto a esta noticia, e entregar a documentación requirida en cada caso.
  • Entregalo todo en calquera dos nosos supermercados Aquié, Plenus e Aquí.

Nuns días chamarémoste para recoller o teu primeiro paquete de botellas de auga personalizada co nome do teu peque.
Consulta todas as bases da promoción no folleto adxunto.