TARXETA “GÚSTAME IR AO SÚPER”

Para os teus pequenos praceres diarios… déixate guiar polo teu corazón.

Aínda non a tes?

A tarxeta cliente de Grupo Cuevas poderala utilizar en todos os supermercados do Grupo: Aquié, Plenus e Aquí.

É gratis, sen gastos de emisión nin mantemento. Está vinculada ao teu teléfono, non fai falta que a leves encima.

Recibirás descontos e promocións pensados especialmente para ti e, ademais, cada 3 meses emitiremos un vale co importe dos descontos acumulados nas túas compras durante todo o trimestre e que poderás cambiar e descontar nas túas próximas compras.

Manterémoste informado dos nosos sorteos, concursos e promocións e, polo teu aniversario, entregarémosche un agasallo para que os goces no teu día especial.

Quérela? Pídea aquí ou en calquera dos nosos supermercados e empeza xa a beneficiarte das súas vantaxes.

E se o prefires, lévaa contigo no móbil descargando a nosa APP Gústameiraosúper

Solicítaa xa:

Nome*

Apelidos*

Data de nacemento*

Teléfono*

Correo-e*

Onde queres recoller a túa tarxeta?*

Aceptar política de privacidade

Se desexas darte de baixa do noso programa de fidelización, solicita o formulario en calquera dos nosos supermercados.