Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

SORTEO: CANTO SABES DOS NOSOS SUPERMERCADOS?

18 Setembro, 2020

Para saíres un pouco da nova rutina que nos preparou setembro, propoñémosche un xogo…
Para participar só tes que:
1. Ser seguidor da páxina de Facebook de #GústameiraoSúper ou ben do perfil de Instagram @megustairalsuper
2. Responder ás preguntas que che fagamos co cancelo #TrivialGMIS seguido do número da resposta correcta.
3. Etiquetar a dous amig@s para que poidan participar no sorteo.
O tempo para participar no concurso é dende hoxe, día 18 de setembro, ata o 28 de setembro ás 11:59 do mediodía.
E agora o máis importante: O PREMIO! Para comezar ben a temporada, o premio vai ser un agasallo para o teu padal: un delicioso pack de produtos cortesía de Cuevas y Cía, a compañía de Grupo Cuevas que elabora o delicioso Marron Glacé. O premio estará composto por Marron Glacé Classic, Marron Glacé Gran Selección ao viño de Xerez, Marron Glacé Gran Selección ao Xenxibre e un paquete de Gornición de castañas da liña #CuevasChef.
Moita sorte a todos!
Importante: o/a gañador/a do sorteo terá que recoller o seu premio en calquera dos supermercados da rede #GústameiraoSúper (#Aquié, #Plenus e #Aquí) en GALICIA.
Ver imaxe

Bases legais