Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

SUPERMERCADOS AQUIE PRESENTES EN XANTAR 2012

1 Febreiro, 2012

Do 1 ao 5 de febreiro terá lugar en Ourense, Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, unha feira que alcanza a súa décimoterceira edición e que consagra a miles de persoas transformando o recinto de Expourense nun gran centro de restauración.
A sección QFH (¿Que Facemos Hoxe?/¿Que Hacemos Hoy?) dos nosos supermercados Aquié estará presente na feira. Na nosa caseta, N38, situado no corredor central, poderá asistir a un show cooking onde prepararemos diariamente en directo, un menú propio da nosa sección. Poderase degustar o prato recén preparado e o mesmo prato envasado.
Horario de demostración de 13:00 a 16:00:
Mércores, venres e domingo: Pementos de piquillo recheos de allo porro con salsa de queixo, guiso de sepia con patacas, brocheta de solombo con salsa de cogomelos e plátano flambeado con chocolate.
Xoves e sábado: Rissoto de verduras, pescada á galega, ragout de polo e filloas recheas de crema pasteleira.
Ademais, dentro do VII Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde, o venres día 3 ás 11:30 teremos un relatorio co título:
"Comida envasada saudable: a experiencia Aquié" impartida por Vitoria Solla Babio, responsable de Calidade de Villasenin S.A. – Grupo Ruta Xacobea.
Conocer ubicación en la feria

Conocer programa de jornadas

Saber más sobre la feria

Dossier de prensa