Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

VI CONCURSO GOURMET GRUPO CUEVAS: APOSTANDO POLA ALIMENTACIÓN SAUDABLE E AUTÓCTONA

26 Xaneiro, 2018

Por segundo ano consecutivo, o Grupo Cuevas abandera o VI Concurso Gourmet que se celebra no marco de actividades do 19º Salón Internacional de Turismo Gastronómico “Xantar” e que xirará ao redor dalgunhas das máximas que construíron a identidade do Grupo Cuevas ao longo da súa historia: a innovación e a experiencia, a modernidade e a tradición, o emprendemento, a alimentación sa e o seu firme compromiso co territorio e os produtos autóctonos.
Aula Gastronómica Grupo Cuevas
Un espazo no que experimentar, degustar e tamén no que aprender sobre alimentación equilibrada e diversa. Este é o espazo aberto a profesionais que propón o Grupo Cuevas xunto coa Consellaría do Medio Rural nesta edición de Xantar e na que terán lugar diferentes showcookings, degustacións, talleres e conferencias que proporán ao visitante un achegamento non só á cociña de diferentes países convidados ao salón, senón tamén á cociña galega desde a óptica máis tradicional á máis innovadora. Nesta aula desenvolveranse tamén os pases de demostración en directo das receitas seleccionadas como finalistas polo xurado do VI Concurso Gourmet Grupo Cuevas.
Grupo Cuevas tamén colabora nesta edición co INORDE e o seu menú "Quilómetro 0" composto por produtos ourensáns de empresas ourensás.
Web Xantar